¿Que é o lirio de Ribeira?

Maio 3, 2024

 

 

O lirio de Ribeira pertence a familia dos gádidos

O lirio de Ribeira, coñecido tamén no resto de España como bacaladilla, abril, perlita ou maire, é un peixe branco de auga salgada, carne branda, fina e saborosa. O seu nome científico é micromesistius poutassou e pertence á familia dos gádidos como o bacallau, a pescada ou a faneca.

O lirio é unha especie bentopelágica e oceánica, que pode vivir a unha profundidade de entre 150 e 3.000 metros, aínda que o habitual é que se atope entre os 300 e 400 metros. Este peixe habita en augas tépedas do Océano Atlántico, Mar do Norte, Mar Cantábrico e Mar Mediterráneo; e prefire fondos arenosos, aínda que tamén pode ser máis litoral.

CARACTERÍSTICAS E COMPORTAMENTO

É un peixe pequeno cun corpo alongado e forte. A cor do seu dorso é gris-azulado e cambia gradualmente a unha cor branca na zona do ventre. O seu peso aproximado é de 100-300g e as súas dimensións varían entre os 15-30cm. A súa cabeza é grande e con forma triangular, e os seus ollos e a súa boca son tamén grandes. Ten escamas pequenas e cicloideas, e conta con tres aletas dorsais moi separadas e dúas anais.

Trátase dun peixe gregario e errático, é dicir, móvese en pequenos bancos de peixes e está en constante movemento. O lirio realiza unha migración vertical diaria: nada en augas superficiais pola noite e preto do fondo mariño durante o día. Á parte dos desprazamentos ascendentes, fai migracións norte-sur, favorecidas polas correntes mariñas, asociadas á reprodución.

A súa dieta é completamente carnívora: aliméntase de pequenos crustáceos, aínda que os lirios de maior tamaño tamén son depredadores de pequenos peixes e cefalópodos.

CURIOSIDADES

  • O nome dos lirios noutros idiomas: blue whiting (inglés), merlan bleu (francés), potassolo (italiano) ou blauer wittling (alemán).
  • BENTOPELÁGICO: Organismo mariño que habita preto do fondo pero non directamente sobre el.

Barcos da OPP83 retiran 11 toneladas de lixo mariño desde o inicio da súa colaboración con Vertidos Cero

Os barcos da OPP83 recolleron 11.000 kilos de lixo mariño desde que comezou a súa colaboración con Vertidos Cero

Éxito da IV Ruta Co Lirio: máis de 2.500 tapas esgotadas en Ribeira e A Pobra

Arredor de 2.500 tapas de Lirio de Ribeira esgotadas durante a IV Ruta Co Lirio, que tivo lugar en Ribeira e A Pobra do Caramiñal

IV Ruta Co Lirio – Un mar de sabor en Ribeira y A Pobra

Consulta os establecementos participantes na IV RUTA CO LIRIO, que se celebra o 6 de decembro en Ribeira e A Pobra do Caramiñal

A OPP83 achega o Lirio de Ribeira aos escolares do CEIP Heroínas de Sálvora

Acción da OPP83 no CEIP Heroínas de Sálvora onde os alumnos aprenderon a cociñar Lirio de Ribeira

Sardiña ibérica con selo MSC

A obtención do selo MSC por parte da pesquería garante que a súa captura se fai de forma sustentable e respectuosa co medio mariño

Reportaxe de Industrias Pesqueras sobre o Lirio de Ribeira

A revista Industrias Pesqueras publica unha...

Lirio de Ribeira, sustentabilidade e OPP83 en Españoles en la Mar

Entrevista da xerente da OPP83, María José Casais, no programa de radio sobre a traxectoria da organización e o Lirio de Ribeira

IV Xornada de Pesca de Ribeira: O futuro sustentable da pesca, a debate

A IV Xornada de Pesca de Ribeira terá lugar o 19 de setembro en horario de mañá na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira. Inscríbete!

A OPP83 participa en GastroMar 2025 apoiando a promoción do peixe galego

A Cooperativa colabora nas actividades e entrega de balde aos organizadores de GastroMar 500kg de sardiña e Lirio de Ribeira

Share This