V Xornada de Pesca de Ribeira: Sector e administracións analizaron os retos do próximo fondo marítimo-pesqueiro

Setembro 21, 2026

 

 

A OPP83 – Sociedade Cooperativa Galega do Mar Santa Eugenia celebrou o pasado 11 de setembro a V Xornada de Pesca de Ribeira, un encontro que reuniu na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira representantes do sector, das distintas administracións e persoas expertas do ámbito marítimo-pesqueiro.

Baixo o título «Claves para abordar a pesca no próximo fondo marítimo-pesqueiro», esta quinta edición puxo o foco nalgúns dos principais desafíos que marcarán o futuro inmediato da actividade pesqueira: o escenario posterior ao actual FEMPA, o financiamento europeo, a modernización e descarbonización da frota, o relevo xeracional, a seguridade a bordo e a mellora das condicións sociais e laborais das tripulacións.

Unha das mensaxes centrais trasladadas pola OPP83 foi a necesidade de que o próximo marco financeiro europeo manteña un fondo específico para a pesca, claramente identificado e cunha dotación suficiente, capaz de responder á diversidade e ás necesidades reais da frota.

Unha xornada para abordar o futuro da actividade pesqueira

A apertura contou coa participación da xerente da OPP83, María José Casais; do director da Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira, Juan Domingo Cambeiro; e da alcaldesa de Ribeira, María José Sampedro.

Juan Domingo Cambeiro destacou a importancia deste tipo de encontros para analizar os retos aos que se enfronta o sector e traballar pensando no futuro da actividade e de quen se está formando para incorporarse a ela. Pola súa banda, a alcaldesa de Ribeira incidiu na necesidade de situar as persoas no centro das políticas vinculadas ao mar e conseguir que as novas xeracións perciban a pesca como unha actividade con futuro, emprego digno e posibilidades de desenvolvemento profesional.

Un posFEMPA con maior ambición financeira e menos burocracia

Un dos bloques centrais da xornada foi a mesa redonda «O sector pesqueiro posFEMPA», na que participaron o subdirector xeral de Sostibilidade Económica e Asuntos Sociais do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Manuel Pablos, e o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Isaac Rosón.

Manuel Pablos defendeu que o sector non debería perder financiamento respecto do actual FEMPA e reclamou para o futuro marco unha regulación máis sinxela e unha maior ambición financeira que permitan abordar cuestións fundamentais como o relevo xeracional.

Isaac Rosón defendeu, pola súa banda, a necesidade de manter un fondo europeo específico para a pesca, unha reivindicación de especial importancia para territorios nos que o sector ten un peso económico e social tan relevante como Galicia. Unha vez garantidos os recursos, sinalou, será necesario abordar tamén a súa distribución e as prioridades ás que deberán destinarse.

A modernización dunha frota que necesita afrontar novos retos

A renovación da frota ocupou tamén unha parte importante do debate. Durante a súa intervención, Manuel Pablos advertiu de que o envellecemento dos buques limita a capacidade do sector para avanzar en cuestións como a transición enerxética, a descarbonización ou o relevo xeracional.

Neste sentido, púxose de manifesto a necesidade de dispoñer dunha regulación adecuada, financiamento suficiente, portos preparados e solucións técnicas que fagan posible modernizar os buques e manter unha frota competitiva.

Potencia de motores, regulación e eficiencia enerxética

A directora xeral da Mariña Mercante, Ana Núñez, centrou a súa intervención no proceso de regularización da potencia dos motores e na necesidade de axilizar e simplificar os procedementos administrativos asociados á potencia e ás emisións dos buques.

A última ponencia técnica correu a cargo de Ricardo Iparraguirre, director de Bureau Veritas Norte de España, e Adrián Sarasquete, director xeral de VICUSdt.

Ricardo Iparraguirre explicou o procedemento de certificación da potencia dos motores e o papel de Bureau Veritas como organización autorizada para realizar recoñecementos e certificacións en nome da Dirección Xeral da Mariña Mercante.

Pola súa banda, Adrián Sarasquete presentou Open Water, unha ferramenta de enxeñaría propulsiva de VICUSdt orientada a reducir perdas e mellorar a eficiencia enerxética sen incrementar a capacidade pesqueira. Entre outras aplicacións, explicou a súa utilización na frota de arrastre para manter as condicións de traballo reducindo a potencia necesaria e sen aumentar o esforzo pesqueiro.

«O sector está disposto a avanzar, pero ese camiño ten que ser viable»

Na clausura da xornada, a xerente da OPP83, María José Casais, incidiu en que financiamento, modernización, descarbonización e regulación forman parte dun mesmo desafío e defendeu que os cambios que debe afrontar o sector teñen que ser técnica e economicamente viables e responder á realidade e diversidade da frota.

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, pechou a V Xornada de Pesca de Ribeira apelando ao traballo conxunto entre o sector e as Administracións nun momento decisivo para o futuro da pesca. Reivindicou un fondo específico, suficiente e accesible que permita renovar a frota, reducir as cargas burocráticas e compatibilizar a protección ambiental coa protección económica e social das familias que viven do mar.

Desde a OPP83 queremos agradecer a participación de todos os relatores, representantes institucionais, profesionais e asistentes que fixeron posible esta quinta edición, así como a colaboración da Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira e de todo o seu equipo humano pola súa acollida e polas facilidades prestadas para a celebración do encontro. Así mesmo, gustaríanos destacar que a V Xornada de Pesca de Ribeira foi posible grazas á súa disposición e colaboración e, tamén, grazas ao financiamento da Xunta de Galicia e do FEMPA, a través do noso Plan de Produción e Comercialización de 2026.

Presentacións da V Xornada de Pesca de Ribeira

Como complemento aos contidos abordados durante a xornada, poñemos á disposición das persoas interesadas as presentacións utilizadas na intervención técnica de Bureau Veritas e VICUSdt.

Condicións de uso das presentacións: A OPP83 conta coa autorización expresa dos seus autores para a publicación e consulta destas presentacións exclusivamente a través da páxina web da OPP83. Esta autorización non comprende a súa reprodución, distribución, difusión ou utilización, total ou parcial, fóra deste sitio web. Calquera uso distinto deberá contar previamente coa autorización expresa dos seus respectivos autores. Os contidos, imaxes, gráficos e demais materiais incluídos nas presentacións pertencen aos seus respectivos autores e permanecen suxeitos aos dereitos de propiedade que lles correspondan.

La V Xornada de Pesca de Ribeira en los medios

La jornada tuvo repercusión en distintos medios de comunicación. A continuación compartimos algunos titulares y enlaces:

O futuro da frota pesqueira debátese o 11 de setembro en Ribeira

Aberto o prazo de inscrición para participar na V Xornada de Pesca de Ribeira. Inscríbete!

Barcos da OPP83 retiran 11 toneladas de lixo mariño desde o inicio da súa colaboración con Vertidos Cero

Os barcos da OPP83 recolleron 11.000 kilos de lixo mariño desde que comezou a súa colaboración con Vertidos Cero

Éxito da IV Ruta Co Lirio: máis de 2.500 tapas esgotadas en Ribeira e A Pobra

Arredor de 2.500 tapas de Lirio de Ribeira esgotadas durante a IV Ruta Co Lirio, que tivo lugar en Ribeira e A Pobra do Caramiñal

IV Ruta Co Lirio – Un mar de sabor en Ribeira y A Pobra

Consulta os establecementos participantes na IV RUTA CO LIRIO, que se celebra o 6 de decembro en Ribeira e A Pobra do Caramiñal

A OPP83 achega o Lirio de Ribeira aos escolares do CEIP Heroínas de Sálvora

Acción da OPP83 no CEIP Heroínas de Sálvora onde os alumnos aprenderon a cociñar Lirio de Ribeira

Sardiña ibérica con selo MSC

A obtención do selo MSC por parte da pesquería garante que a súa captura se fai de forma sustentable e respectuosa co medio mariño

Reportaxe de Industrias Pesqueras sobre o Lirio de Ribeira

A revista Industrias Pesqueras publica unha...

Lirio de Ribeira, sustentabilidade e OPP83 en Españoles en la Mar

Entrevista da xerente da OPP83, María José Casais, no programa de radio sobre a traxectoria da organización e o Lirio de Ribeira

IV Xornada de Pesca de Ribeira: O futuro sustentable da pesca, a debate

A IV Xornada de Pesca de Ribeira terá lugar o 19 de setembro en horario de mañá na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira. Inscríbete!

Share This