Lirio de Ribeira, sustentabilidade e OPP83 en Españoles en la Mar

Setembro 16, 2025

 

 

A xerente da OPP83 – Sociedade Cooperativa Gallega del Mar Santa Eugenia, María José Casais, foi entrevistada o pasado 11 de setembro no programa de RTVE Españoles en la Mar.

Nunha conversa de aproximadamente 30 minutos, Casais repasou a traxectoria e papel da organización, abordando cuestións coma:

  • A orixe, estrutura e obxectivos da OPP83.
  • As actividades promocionais para fomentar o consumo de peixe entre a poboación, especialmente entre os máis pequenos.
  • A marca colectiva Lirio de Ribeira e o seu valor diferenciador pola súa calidade EXTRA.
  • A descarbonización e os avances en sustentabilidade dentro do sector.
  • A normativa pesqueira e outros retos que afronta a organización.

A entrevista destacou o compromiso da OPP83 cos pescadores, o sector pesqueiro galego, o mar e a sociedade. Ademais, puxo en valor a marca colectiva Lirio de Ribeira, destacando que se trata dun produto pesqueiro capturado na costa galega que conta cunha extraordinaria calidade, frescura e sabor.

La entrevista puso de relieve el compromiso de la OPP83 con los pescadores, el sector pesquero gallego, el mar y la sociedad. Además, puso en valor la marca colectiva Lirio de Ribeira destacando que se trata de un producto pesquero capturada en la costa gallega que cuenta con una extraordinaria calidad, frescura y sabor.

A entrevista completa pódese escoitar tamén nesta ligazón: Acceder á entrevista en RTVE.

Barcos da OPP83 retiran 11 toneladas de lixo mariño desde o inicio da súa colaboración con Vertidos Cero

Os barcos da OPP83 recolleron 11.000 kilos de lixo mariño desde que comezou a súa colaboración con Vertidos Cero

Éxito da IV Ruta Co Lirio: máis de 2.500 tapas esgotadas en Ribeira e A Pobra

Arredor de 2.500 tapas de Lirio de Ribeira esgotadas durante a IV Ruta Co Lirio, que tivo lugar en Ribeira e A Pobra do Caramiñal

IV Ruta Co Lirio – Un mar de sabor en Ribeira y A Pobra

Consulta os establecementos participantes na IV RUTA CO LIRIO, que se celebra o 6 de decembro en Ribeira e A Pobra do Caramiñal

A OPP83 achega o Lirio de Ribeira aos escolares do CEIP Heroínas de Sálvora

Acción da OPP83 no CEIP Heroínas de Sálvora onde os alumnos aprenderon a cociñar Lirio de Ribeira

Sardiña ibérica con selo MSC

A obtención do selo MSC por parte da pesquería garante que a súa captura se fai de forma sustentable e respectuosa co medio mariño

Reportaxe de Industrias Pesqueras sobre o Lirio de Ribeira

A revista Industrias Pesqueras publica unha...

IV Xornada de Pesca de Ribeira: O futuro sustentable da pesca, a debate

A IV Xornada de Pesca de Ribeira terá lugar o 19 de setembro en horario de mañá na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira. Inscríbete!

A OPP83 participa en GastroMar 2025 apoiando a promoción do peixe galego

A Cooperativa colabora nas actividades e entrega de balde aos organizadores de GastroMar 500kg de sardiña e Lirio de Ribeira

Receita de Lirio de Ribeira asado encurtido de verduritas

Elaborada pola chef Criselda Iglesias O Lirio de...
Share This