Lirio de Ribeira
opp83
Que é Lirio de Ribeira?
Lirio de Ribeira é a marca colectiva creada pola OPP83 para a diferenciación no mercado dun dos seus produtos estrela, o lirio (Micromesistius poutassou).
opp83
Onde se pesca Lirio de Ribeira?
Péscase na zona FAO 27, pola frota de arrastre de litoral da OPP83, cumprindo a normativa vixente relativa aos produtos pesqueiros e á súa comercialización.
zona fao 27
opp83
Como se pesca Lirio de Ribeira?
Péscase con arrastre de litoral, unha arte ancestral e tradicional en Galicia. A frota da OPP83 que utiliza este tipo de arte realiza unha actividade sostible con vedas establecidas, medidas de redución de esforzo, así como para a redución do impacto da actividade no medio mariño (eliminación de descartes, tratamento de residuos, etc.).
opp83
Que garante a marca Lirio de Ribeira?
Garante un produto fresco de alta calidade, capturado de forma sostible por unha frota comprometida coa boa xestión dos recursos e co coidado do acondicionamento e manipulación a bordo.

Sostible

fresco

De calidade

