Barcos da OPP83 retiran 11 toneladas de lixo mariño desde o inicio da súa colaboración con Vertidos Cero

Decembro 28, 2025

 

 

Os barcos da Cooperativa Santa Uxía de Ribeira, integrados na Organización de Produtores Pesqueiros OPP83, retiraron do medio mariño un total de 11 toneladas de residuos desde que se puxo en marcha a súa colaboración coa ONG Vertidos Cero hai 7 anos.

Esta iniciativa, que se desenvolve de forma continuada, permite que os barcos asociados desembarquen no peirao os residuos —principalmente plásticos— que atopan durante a súa actividade pesqueira, xa sexa enganchados nas redes ou flotando na auga. Posteriormente, Vertidos Cero encárgase de identificar, clasificar e reciclar estes materiais, contribuíndo á economía circular e á redución da contaminación mariña.

Con este tipo de accións, a OPP83 reafirma o seu compromiso coa sustentabilidade e a protección do medio mariño, un compromiso que vai máis aló da recollida de lixo. Entre outras medidas, a organización impulsa a redución do esforzo pesqueiro, a diminución da actividade en determinados períodos e o uso de artes de pesca artesanais e selectivas, respectuosas cos ecosistemas.

A recollida de residuos mariños forma parte das actuacións incluídas no Plan de Produción e Comercialización da OPP83, cofinanciado pola Xunta de Galicia e o FEMPA, e reflicte o papel activo do sector pesqueiro na conservación dos océanos.

Éxito da IV Ruta Co Lirio: máis de 2.500 tapas esgotadas en Ribeira e A Pobra

Arredor de 2.500 tapas de Lirio de Ribeira esgotadas durante a IV Ruta Co Lirio, que tivo lugar en Ribeira e A Pobra do Caramiñal

IV Ruta Co Lirio – Un mar de sabor en Ribeira y A Pobra

Consulta os establecementos participantes na IV RUTA CO LIRIO, que se celebra o 6 de decembro en Ribeira e A Pobra do Caramiñal

A OPP83 achega o Lirio de Ribeira aos escolares do CEIP Heroínas de Sálvora

Acción da OPP83 no CEIP Heroínas de Sálvora onde os alumnos aprenderon a cociñar Lirio de Ribeira

Sardiña ibérica con selo MSC

A obtención do selo MSC por parte da pesquería garante que a súa captura se fai de forma sustentable e respectuosa co medio mariño

Reportaxe de Industrias Pesqueras sobre o Lirio de Ribeira

A revista Industrias Pesqueras publica unha...

Lirio de Ribeira, sustentabilidade e OPP83 en Españoles en la Mar

Entrevista da xerente da OPP83, María José Casais, no programa de radio sobre a traxectoria da organización e o Lirio de Ribeira

IV Xornada de Pesca de Ribeira: O futuro sustentable da pesca, a debate

A IV Xornada de Pesca de Ribeira terá lugar o 19 de setembro en horario de mañá na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira. Inscríbete!

A OPP83 participa en GastroMar 2025 apoiando a promoción do peixe galego

A Cooperativa colabora nas actividades e entrega de balde aos organizadores de GastroMar 500kg de sardiña e Lirio de Ribeira

Receita de Lirio de Ribeira asado encurtido de verduritas

Elaborada pola chef Criselda Iglesias O Lirio de...
Share This