A OPP83 achega o Lirio de Ribeira aos escolares do CEIP Heroínas de Sálvora

Novembro 28, 2025

 

 

A OPP83–Cooperativa Galega do Mar Santa Uxía de Ribeira desenvolveu unha xornada de actividades educativas no CEIP Heroínas de Sálvora dirixida a alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria, co obxectivo de fomentar o consumo de peixe e achegar o mundo da pesca ás novas xeracións.

Durante a actividade, arredor de 50 escolares participaron nun obradoiro de cociña no que aprenderon a preparar Lirio de Ribeira, elaborando os seus propios rollitos de peixe e descubrindo a calidade, versatilidade e valor nutricional deste produto fresco de proximidade. Ademais, asistiron a unha charla divulgativa na que coñeceron os tipos de barcos da OPP83, as principais especies que se capturan e as claves para identificar e mercar peixe fresco a través da correcta interpretación do etiquetado.

Estas accións enmárcanse no Plan de Produción e Comercialización da OPP83, cofinanciado pola Xunta de Galicia e polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (FEMPA), e forman parte do noso compromiso coa difusión da cultura mariñeira, a posta en valor do sector pesqueiro e a promoción dunha alimentación saudable baseada no consumo de peixe.

Barcos da OPP83 retiran 11 toneladas de lixo mariño desde o inicio da súa colaboración con Vertidos Cero

Os barcos da OPP83 recolleron 11.000 kilos de lixo mariño desde que comezou a súa colaboración con Vertidos Cero

Éxito da IV Ruta Co Lirio: máis de 2.500 tapas esgotadas en Ribeira e A Pobra

Arredor de 2.500 tapas de Lirio de Ribeira esgotadas durante a IV Ruta Co Lirio, que tivo lugar en Ribeira e A Pobra do Caramiñal

IV Ruta Co Lirio – Un mar de sabor en Ribeira y A Pobra

Consulta os establecementos participantes na IV RUTA CO LIRIO, que se celebra o 6 de decembro en Ribeira e A Pobra do Caramiñal

Sardiña ibérica con selo MSC

A obtención do selo MSC por parte da pesquería garante que a súa captura se fai de forma sustentable e respectuosa co medio mariño

Reportaxe de Industrias Pesqueras sobre o Lirio de Ribeira

A revista Industrias Pesqueras publica unha...

Lirio de Ribeira, sustentabilidade e OPP83 en Españoles en la Mar

Entrevista da xerente da OPP83, María José Casais, no programa de radio sobre a traxectoria da organización e o Lirio de Ribeira

IV Xornada de Pesca de Ribeira: O futuro sustentable da pesca, a debate

A IV Xornada de Pesca de Ribeira terá lugar o 19 de setembro en horario de mañá na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira. Inscríbete!

A OPP83 participa en GastroMar 2025 apoiando a promoción do peixe galego

A Cooperativa colabora nas actividades e entrega de balde aos organizadores de GastroMar 500kg de sardiña e Lirio de Ribeira

Receita de Lirio de Ribeira asado encurtido de verduritas

Elaborada pola chef Criselda Iglesias O Lirio de...
Share This