Aforo completo na showcooking da OPP83 de Ribeira en Salimat

Xuño 10, 2025

 

 

A showcooking liderada por Criselda Iglesias e a Sociedade Cooperativa Galega do Mar Santa Uxía de Ribeira gozou de gran expectación entre o público. O aforo completouse e os comensais gozaron das delicias atlánticas capturadas pola OPP83 de Ribeira e elaboradas pola chef do Espazo Gastronómico Remollo



A Sociedade Cooperativa Galega do Mar Santa Uxía de Ribeira-OPP83 desprazouse ata Salimat para presentar ao público as delicias atlánticas capturadas pola súa frota asociada no litoral galego. Éxito asegurado xa desde o principio grazas ao aforo completo que se rexistrou durante a sesión culinaria que gozou de gran aceptación entre o público.

A showcooking, que se desenvolveu na caseta da conselleria do Mar da Xunta de Galicia no marco da campaña “Galicia sabe amar”, contou coa participación da xerente da OPP83, María José Casais, que destacou o traballo da frota asociada na captura de peixe fresco e de proximidade mediante unha actividade pesqueira sustentable. Casais estivo acompañada polo segundo tenente alcalde de Ribeira e concelleiro delegado de Turismo, Francisco Suárez-Puerta, e o concelleiro delegado de Mar, Fernando Abraldes, que mostraron desta forma o seu apoio á promoción de produtos pesqueiros da Sociedade Cooperativa Galega do Mar Santa Uxía de Ribeira.

Grazas á boa man da chef Criselda Iglesias, do Espazo Gastronómico Remollo, as elaboracións non defraudaron aos presentes que puideron deleitarse co sabor e frescura da sardiña, xurelo e Lirio de Ribeira; todas elas maridadas cunha acertada selección de viños de Ribeira Sacra. A cociñeira destacou a frescura e calidade dos produtos pesqueiros achegados pola OPP83 e presentou unha sorprendente mestura de ingredientes que encandearon ao público: ensalada de xurelo curado marinado en aceite de oliva, sardiña e verduras en tempura con maionesa de codium, e Lirio de Ribeira asado encurtido de verduriñas. As tres elaboracións deixaron un moi bo sabor de boca entre os comensais, que tamén puideron descubrir calidades nutricionais destes peixes e trucos de cociña.

Peixes con nome propio

Os peixes protagonistas se capturan mediante artes de pesca como o arrastre e o cerco, empleadas de xeito sustentable no litoral galego e zonas próximas: o Lirio de Ribeira (Micromesistius poutassou, código FAO WHB) se pesca principalmente mediante arrastre á parella e presenta unha estacionalidade pouco marcada, estando disponible casi todo o ano aínda que en menor cantidade nos meses fríos; o xurelo (Trachurus trachurus, código FAO HOM) se captura sobre todo con cerco e arrastre, é accesible durante todo o año pero abunda especialmente entre xuño e outubro; e a sardiña (Sardina pilchardus, código FAO PIL) obtense mediante redes de cerco, se pesca todo o ano e alcanza o seu mellor momento de consumo entre maio e outubro, coincidindo coas augas máis calidas e un maior contido graxo.

Esta acción promocional forma parte do PPyC 2025 da OPP83 de Ribeira, cofinanciado pola Xunta de Galicia e o FEMPA. Con esta iniciativa, a Organización de Produtores Pesqueiros ten o obxectivo de fomentar o consumo de peixe entre a poboación, promocionar os produtos pesqueiros da súa frota asociada e fortalecer a presenza da súa marca, Lirio de Ribeira, entre o público.

Barcos da OPP83 retiran 11 toneladas de lixo mariño desde o inicio da súa colaboración con Vertidos Cero

Os barcos da OPP83 recolleron 11.000 kilos de lixo mariño desde que comezou a súa colaboración con Vertidos Cero

Éxito da IV Ruta Co Lirio: máis de 2.500 tapas esgotadas en Ribeira e A Pobra

Arredor de 2.500 tapas de Lirio de Ribeira esgotadas durante a IV Ruta Co Lirio, que tivo lugar en Ribeira e A Pobra do Caramiñal

IV Ruta Co Lirio – Un mar de sabor en Ribeira y A Pobra

Consulta os establecementos participantes na IV RUTA CO LIRIO, que se celebra o 6 de decembro en Ribeira e A Pobra do Caramiñal

A OPP83 achega o Lirio de Ribeira aos escolares do CEIP Heroínas de Sálvora

Acción da OPP83 no CEIP Heroínas de Sálvora onde os alumnos aprenderon a cociñar Lirio de Ribeira

Sardiña ibérica con selo MSC

A obtención do selo MSC por parte da pesquería garante que a súa captura se fai de forma sustentable e respectuosa co medio mariño

Reportaxe de Industrias Pesqueras sobre o Lirio de Ribeira

A revista Industrias Pesqueras publica unha...

Lirio de Ribeira, sustentabilidade e OPP83 en Españoles en la Mar

Entrevista da xerente da OPP83, María José Casais, no programa de radio sobre a traxectoria da organización e o Lirio de Ribeira

IV Xornada de Pesca de Ribeira: O futuro sustentable da pesca, a debate

A IV Xornada de Pesca de Ribeira terá lugar o 19 de setembro en horario de mañá na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira. Inscríbete!

A OPP83 participa en GastroMar 2025 apoiando a promoción do peixe galego

A Cooperativa colabora nas actividades e entrega de balde aos organizadores de GastroMar 500kg de sardiña e Lirio de Ribeira

Share This