A Cooperativa do Mar Santa Uxenia de Ribeira (OPP83) participará no Galicia Fórum Gastronómico 2025 cunha showcooking dedicada á xarda e ao Lirio de Ribeira, que terá lugar o martes 25 de marzo, no stand da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, en ExpoCoruña.
A demostración culinaria permitirá poñer en valor o potencial gastronómico destas especies, salientando a súa calidade, frescura e versatilidade na cociña.
Esta acción enmárcase dentro do Plan de Produción e Comercialización (PPyC) da OPP83, financiado pola Xunta de Galicia e polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), e ten como obxectivo impulsar a promoción e valorización dos produtos pesqueiros de Ribeira.
