Lirio de Ribeira, unha viaxe segura do mar á mesa

Decembro 17, 2024

 

 

Lirio de Ribeira, marca colectiva da OPP83, outorga valor engadido a este peixe branco que, en 2024, supón a principal captura nas lonxas galegas en canto a volume e a terceira especie en ingresos, soamente por detrás da pescada e o peixe sapo. Este ano rexistráronse en Galicia máis de 18 millóns de kilos de lirio, sendo Ribeira a lonxa raíña con máis de 10,5 millóns.

Lirio e Ribeira son sinónimos, consolidándose o Lirio de Ribeira como marca pola súa calidade e frescura. Coa súa compra, os consumidores asegúranse a adquisición dun produto pesqueiro de primeira calidade que cumpre uns esixentes estándares de frescura, sostenibilidade e seguridade alimentaria. E esa garantía vese reflexada por partida dobre no etiquetado.

Un peixe fresco con dobre etiquetado

A Cooperativa Santa Uxía de Ribeira, OPP83, controla o cumprimento dos parámetros de calidade e especificacións técnicas establecidas para que os seus barcos asociados poidan comercializar Lirio baixo o amparo da marca. Para a súa correcta identificación e diferenciación por parte do consumidor, a OPP83 facilita aos compradores unha etiqueta na que figura o logo da marca numerada correlativamente para identificar as capturas do Lirio que compren os requisitos. Esta etiqueta súmase á de trazabilidade, que actúa como aval do proceso de captura, descarga e comercialización do produto no que queda patente o cumprimento das condicións esixidas pola marca.

Estas especificacións establecen que a marca Lirio de Ribeira aplícase a todas as capturas de Micromesistius poutassou, código WHB, capturado na zona FAO 27 con artes de arrastre tradicional e selectivo. A manipulación do peixe é mínima, realizándose con rapidez e coidado para evitar danos e preservar a súa calidade. Tras a selección de tamaños, deposítase coidadosamente en caixas de plástico con abundante xeo en escamas conservando unha temperatura de 0-4ºC (a manter durante toda a vida útil do produto pesqueiro).

Produto pesqueiro de calidade EXTRA

O seu nivel de calidade e frescura é Extra (E), segundo o criterio establecido polo Regulamento CE 2406/96, polo que se marcan as normas comúns de comercialización de produtos pesqueiros na UE. A calidade Extra indica que o Lirio de Ribeira é un peixe moi fresco que non tarda máis de 7 horas en descargarse na lonxa e que se comercializa nun máximo de 6 horas despois da descarga. Ademais da súa frescura téñense en conta características físicas relacionadas co cheiro, color e textura: O Lirio de Ribeira está limpo, sen danos, brillante, firme e cheira a mar.

Esta información -grao de frescura, zona de captura, método de extracción, etc- figura no etiquetado e é garantía da rigorosa e segura viaxe que fai o Lirio de Ribeira do mar á mesa. Coa súa marca, a OPP83 reforza a trazabilidade dunha das principais especies capturadas polos seus socios, logrando así incrementar o seu valor. Obxectivo cumprido. O Lirio vendeuse nas lonxas galegas no que vai de ano a un importe medio de 1,03€, un 57% máis que en 2023, segundo datos de Pesca de Galicia.

Barcos da OPP83 retiran 11 toneladas de lixo mariño desde o inicio da súa colaboración con Vertidos Cero

Os barcos da OPP83 recolleron 11.000 kilos de lixo mariño desde que comezou a súa colaboración con Vertidos Cero

Éxito da IV Ruta Co Lirio: máis de 2.500 tapas esgotadas en Ribeira e A Pobra

Arredor de 2.500 tapas de Lirio de Ribeira esgotadas durante a IV Ruta Co Lirio, que tivo lugar en Ribeira e A Pobra do Caramiñal

IV Ruta Co Lirio – Un mar de sabor en Ribeira y A Pobra

Consulta os establecementos participantes na IV RUTA CO LIRIO, que se celebra o 6 de decembro en Ribeira e A Pobra do Caramiñal

A OPP83 achega o Lirio de Ribeira aos escolares do CEIP Heroínas de Sálvora

Acción da OPP83 no CEIP Heroínas de Sálvora onde os alumnos aprenderon a cociñar Lirio de Ribeira

Sardiña ibérica con selo MSC

A obtención do selo MSC por parte da pesquería garante que a súa captura se fai de forma sustentable e respectuosa co medio mariño

Reportaxe de Industrias Pesqueras sobre o Lirio de Ribeira

A revista Industrias Pesqueras publica unha...

Lirio de Ribeira, sustentabilidade e OPP83 en Españoles en la Mar

Entrevista da xerente da OPP83, María José Casais, no programa de radio sobre a traxectoria da organización e o Lirio de Ribeira

IV Xornada de Pesca de Ribeira: O futuro sustentable da pesca, a debate

A IV Xornada de Pesca de Ribeira terá lugar o 19 de setembro en horario de mañá na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira. Inscríbete!

A OPP83 participa en GastroMar 2025 apoiando a promoción do peixe galego

A Cooperativa colabora nas actividades e entrega de balde aos organizadores de GastroMar 500kg de sardiña e Lirio de Ribeira

Share This