A Sociedade Cooperativa Galega do Mar Santa Uxía de Ribeira colaborou coa Asociación de Empresarios de Ribeira na III Feira Gastromar, cita gastronómica que tivo lugar na capital do Barbanza entre os días 23 e 25 de agosto. Membros do Consello Rector da OPP83, Francisco Ayaso e Francisco Muñiz, así como o presidente Juan Antonio Pérez e a xerente María José Casais estiveron presentes durante as tres xornadas que durou a feira para promocionar os produtos pesqueiros capturados pola frota asociada.
A OPP83 aportou gratuitamente medio millar de kg de peixe. A entidade doou 300kg de Lirio de Ribeira, 100kg de xurelo e 100kg de sardiña, que serviron para elaborar máis de 2.000 racións en GastroMar. Os comensais quedaron fascinados cos pratos innovadores que puideron desfrutar co noso produto pesqueiro como ingrediente principal: milfollas de LIRIO DE RIBEIRA, baos de xurelo, LIRIO DE RIBEIRA en espetada e tacos de sardiña.
Ademais, na feira realizáronse dúas showcookings, unha o sábado y outra o domingo, da man dos chefs dos restaurantes A Horta d’Obradoiro, Kike Piñeiro e Eloy Cancela, e Chicolino, Javier Fernández. Nas dúas acciones, os cociñeiros explicaron novas receitas co LIRIO DE RIBEIRA e o xurelo da OPP83 como protagonistas. Estas actividades contaron coa participación da Cooperativa, que explicou aos asistentes detalles importantes sobre as capturas y o tratamento do peixe. Entre outras cuestións, Ayaso contou que os mariñeiros de Ribeira foron pioneiros ao pasar do peixe a granel a situalo en caixas, o que mellorou a calidade do produto e marcou posteriormente “a pauta a seguir” polo resto da frota da zona atlántico-cantábrica.
A colaboración da OPP83 na Feira GastroMar forma parte do Plan de Producción e Comercialización (PPeC) da entidade para 2024, cofinanciado por FEMPA e a Xunta de Galicia. Con este tipo de actuacións, a Cooperativa Santa Uxía de Ribeira ten como obxectivo divulgar a trazabilidade e beneficios do consumo de peixe e promocionar o Lirio de Ribeira e outras especies capturadas polos nosos socios.
A participación de OPP83 na Feira GastroMar que figura nos medios de comunicación:
- CORREO GALLEGO: Gastromar arranca en Ribeira como el escaparate gastronómico de los productos pesqueros y marisqueros
- INDUSTRIAS PESQUERAS: La OPP 83 de Ribeira aportó más de 500 kilos de pescado para su degustación en la III Feria Gastromar
- DIARIO DE AROUSA: Galicia sabe a mar y Gastromar sabe a Ribeira
- O BARBANZA: A Cooperativa Santa Uxía entregou lirio de Ribeira, xurelo e sardiña para preparar máis de 2.000 racións en Gastromar
- LA VOZ DE GALICIA: GastroMar marida cocina gallega y oriental en una edición que crece en afluencia de público
