Degustación gratuíta de Lirio de Ribeira no porto de Aguiño co reparto de 1.000 racións
A Cooperativa Santa Uxía de Ribeira (OPP83) fixo o sábado 20 de xullo unha degustación gratuíta de Lirio de Ribeira durante a xornada da II Bandeira Barbanza Arousa, regata de traíñas da Eusko Label Liga, organizada pola Asociación Clubes Traineras (ACT) coa colaboración da Mancomunidade Barbanza Arousa.
Pese a choiva, o peixe da OPP83 xerou gran expectación entre os asistentes, que nunhas dúas horas agotaron as 1.000 racións de Lirio de Ribeira en tempura feitas polo Catering Baiuca. Os comensais puideron comprobar as excelencias desta rica e saudable receita e recibiron material informativo sobre esta especie e a súa trazabilidade.
A xerente da Cooperativa, María José Casais, destacou o desenvolvemento destas iniciativas para mostrar os beneficios do lirio e contribuír así a aumentar o consumo deste peixe branco entre a poboación, especialmente entre os máis novos. Na degustación tamén estivo presente o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes, que puxo en valor este produto pesqueiro de calidade capturado por barcos ribeirenses.
Esta medida forma parte do Plan de Produción e Comercialización (PPeC) do 2024, cofinanciado por fondos europeos FEMPA e pola Xunta de Galicia.
Lirio de Ribeira, alimento de primera liga
O Lirio de Ribeira é a marca colectiva rexistrada pola OPP83 que cumpre cunha serie de requisitos de calidade e frescura que o convirten nun alimento de primeira liga. Trátase dun peixe de proximidade e do día, é dicir, captúrase en augas galegas por barcos de arrastre de litoral e chega a porto nunhas 7 horas.
- DIARIO DE AROUSA: El Lirio de Ribeira triunfa con el reparto de un millar de raciones en la II Bandera Barbanza Arousa
- LA VOZ DE GALICIA: Mil raciones de lirio en tempura que volaron entre los asistentes a la Bandeira Barbanza Arousa de traineras
- O BARBANZA: Triunfo do Lirio de Ribeira durante a II Bandeira Barbanza Arousa
- INDUSTRIAS PESQUERAS: La OPP 83 promociona la proximidad y frescura del «Lirio de Ribeira»
