ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NA II DEGUSTACIÓN DO LIRIO, EN RUTA CO LIRIO ORGANIZADA POLA COOPERATIVA DE RIBEIRA OPP83

Novembro 18, 2023

 

 

  • As II XORNADAS DE DEGUSTACIÓN DO LIRIO de Ribeira, EN RUTA CO LIRIO, comezaron este mediodía en Ribeira e contaron con moita afluencia de xente.
  • Unha cita organizada pola Cooperativa Santa Eugenia de Ribeira- OPP83 en colaboración coa Asociación de Empresarios e da Asociación de Hostaleiros de Ribeira.
  • A Cooperativa Santa Eugenia de Ribeira OPP-83 foi a encargada de dar ás cafeterías, bares e restaurantes o produto, fresco e de primeira calidade.
  • Son 10 os establecementos hostaleiros que participan nesta segunda edición que nace co obxectivo de potenciar o peixe da OPP83.

A Cooperativa Santa Eugenia de Ribeira – OPP 83 organiza, durante o día de hoxe, en colaboración coa Asociación de Empresarios e a Asociación de Hostaleiros de Ribeira, a II Xornada de degustación En Ruta co lirio.

Nesta II XORNADA DE DEGUSTACIÓN DO LIRIO, dende a OPP83, deron de xeito gratuíto lirio fresco fileteado a cafeterías, bares e restaurantes do concello.

Así, e deste xeito, cada bar, cafetería e restaurante elixiron unha tapa para facer con Lirio. Un dos requisitos fundamentais para formar parte desta xornada, tendo en conta a cultura da tapa de Ribeira, é que a tapa será sempre gratuíta, só pagarán os clientes aos restaurantes que decidan facer un prato co lirio para ese día e o engaden á súa carta habitual.

O horario para esta degustación das tapas do lirio será ao longo de toda a xornada do 18 de novembro, así, e deste xeito, as veciñas e veciños de Ribeira e, os que visiten o concello durante esta xornada, poderán degustar a tapa do lirio tanto ao mediodía como á noite.

Unha segunda edición que contou cun éxito de participación, xa que finalmente foron 10 os establecementos que participen nesta II XORNADA DE DEGUSTACIÓN EN RUTA CO LIRIO. Así e deste xeito poderedes degustar  e desfrutar na Recoveira coa súa tapa México Lirio e querido, tamén na Fiestra Café-Bar con seus Rollitos de Lirio, Brétema con Suspiros de Ribeira,  El Golimbreo con Hoy me Lurio, Esmorga con Lirio en bolitas, Café Plaza con Xudemil de Lirio, El Gourmet Alján co seu Crujiente de Lirio en San Simón, Tío Pepe cos seus Lirios arrabiados, Pedra Pateira co seu Lirio ao estilo “Bandourrio” e o Restaurante Xardín co seu Lirio acevichado.

Unhas tapas e unha xornada das que tamén poderán desfrutar as veciñas e veciños do concello e os visitantes nesta tarde noite, xa que a degustación será ao longo de todo este 18 de novembro.

Esta acción, incluída dentro do Plan de Produción e Comercialización (PPyC) anual deste 2023, ten como obxectivo iniciar unha estreita colaboración entre a OPP 83 e a hostalería de Ribeira, co fin de promover xornadas en épocas de menor afluencia para a hostalería e poñer en valor o peixe fresco de Ribeira. Esta será a primeira Xornada pero o obxectivo é propoñer accións semellantes ao longo do ano.

Barcos da OPP83 retiran 11 toneladas de lixo mariño desde o inicio da súa colaboración con Vertidos Cero

Os barcos da OPP83 recolleron 11.000 kilos de lixo mariño desde que comezou a súa colaboración con Vertidos Cero

Éxito da IV Ruta Co Lirio: máis de 2.500 tapas esgotadas en Ribeira e A Pobra

Arredor de 2.500 tapas de Lirio de Ribeira esgotadas durante a IV Ruta Co Lirio, que tivo lugar en Ribeira e A Pobra do Caramiñal

IV Ruta Co Lirio – Un mar de sabor en Ribeira y A Pobra

Consulta os establecementos participantes na IV RUTA CO LIRIO, que se celebra o 6 de decembro en Ribeira e A Pobra do Caramiñal

A OPP83 achega o Lirio de Ribeira aos escolares do CEIP Heroínas de Sálvora

Acción da OPP83 no CEIP Heroínas de Sálvora onde os alumnos aprenderon a cociñar Lirio de Ribeira

Sardiña ibérica con selo MSC

A obtención do selo MSC por parte da pesquería garante que a súa captura se fai de forma sustentable e respectuosa co medio mariño

Reportaxe de Industrias Pesqueras sobre o Lirio de Ribeira

A revista Industrias Pesqueras publica unha...

Lirio de Ribeira, sustentabilidade e OPP83 en Españoles en la Mar

Entrevista da xerente da OPP83, María José Casais, no programa de radio sobre a traxectoria da organización e o Lirio de Ribeira

IV Xornada de Pesca de Ribeira: O futuro sustentable da pesca, a debate

A IV Xornada de Pesca de Ribeira terá lugar o 19 de setembro en horario de mañá na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira. Inscríbete!

A OPP83 participa en GastroMar 2025 apoiando a promoción do peixe galego

A Cooperativa colabora nas actividades e entrega de balde aos organizadores de GastroMar 500kg de sardiña e Lirio de Ribeira

Share This