O novo regulamento de control e a eólica mariña foron as grandes protagonistas da II XORNADA DE PESCA de Ribeira

Setembro 22, 2023

 

 

  • As II XORNADAS DE PESCA tiveron lugar esta mañá nas Escola Náutico-Pesqueira de Ribeira.  
  • Sonia Ruíz Gómez, Directora de Programas y Planes de Inspección contra la Pesca Ilegal de la Dirección General Ordenación Pesquera y Acuicultura de la Secretaría General de Pesca del MAPA analizou no novo regulamento de control.
  • Francisco Javier Sanx Larruga, Catedrático de Dereito Administrativo da Facultade de Dereito da Universidade de A Coruña centrou a súa intervención na eólica mariña.
  • Alfonso Villares Bermúdez, Conselleiro do Mar, foi o encargado de clausurar esta xornada. O conselleiro dixo que estas xornadas de Pesca son importantes para seguir loitando na mesma dirección  “xa que queremos unha Galicia verde e azul no presente e máis sostible no futuro”.

A eólica Mariña e o novo regulamento de control na pesca foron días das grandes protagonistas desta mañá nas II XORNADAS DE PESCA de Ribeira que esta mañá se celebraron na Escola Náutico-Pesqueira de Ribeira e que estiveron organizadas pola Sociedade Cooperativa Galega do Mar Santa Eugenia OPP 83. Unha cita que contou con gran éxito de afluencia.

As Xornadas foron inauguradas pola xerente da OPP83 María José Casáis, o alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, e pola Directora da Escola Náutico-Pesqueira de Ribeira, Gloria María Santalla Quintana.

A primeira intervención  foi protagonizada polo Capitán Marítimo de Vilagarcía, Juan Andrés Pérez, quen deixou patente e explicou en que versa as novas normativas de despacho de buques que entrarán en vigor en xullo do 2024 co fin de facilitar estes trámites ao sector e á administración.

Pola súa banda, Francisco Javier Larruga, catedrático de Dereito Administrativo da Facultade de Dereito na Universidade de A Coruña centrou a súa intervención na eólica mariña. Sanz Larruga mandou unha mensaxe de tranquilidade aos asistentes xa que dixo que antes de levar a cabo ningunha intervención ten que estar aprobado o Real Decreto de Subastas. O profesor ten claro que a eólica mariña é necesario pero non a calquera prezo. E enumerou o proceso polo que deben de pasar á hora de executar estas medidas que son: contar cos grupos de interese dende o primeiro momento, mellorar a información dispoñible técnica e científica, identificar usos e actividades que se realicen no espazo marítimo, establecer regras xurídicas claves de uso para os espazos e zonificar o mar para as diversas actividades que se realizan no espazo mariño.

Sonia Ruíz Gómez, Directora de Programas y Planes de Inspección contra la Pesca Ilegal de la Dirección General Ordenación Pesquera y Acuicultura de la Secretaría General de Pesca del MAPA analizou no novo regulamento de control. A directora dixo que o novo regulamente levanta críticas pero  que é necesario e, a súa vez, mandou unha mensaxe de colaboración xa que dixo que en Bruxelas se necesita o sector e que necesitan da súa voz para poder chegar aos mellores regulamentos e medidas na actualidade.

Pedro Rivero Domínguez, actual subdirector xeral de Pesca da Xunta de Galicia, analizou na súa intervención, sobre o Plan de Acción da Comisión Europea para o sector pesqueiro. Rivero dixo que este plan amosa numerosas dificultades, entre elas, a figura da comunicación, perde a oportunidade de facer unha política pesqueira común, non di como se van a protexer os mares no 2030 pese a ser unha prioridade. Por todas estas razóns, Rivero solicita “ abordar unha reforma política pesqueira común co análise previo, é necesario unificar apoios e criterios para defender os nosos intereses co fin de ir gañando pasos para facernos escoitar”.

Unhas xornadas que foron clausuradas polo Conselleiro do Mar, Alfonso Villares Bermúdez, que na súa intervención, crítico coas medidas que para a pesca veñen dende Bruxelas, deixou claro que a pesca  é un dos motores da nosa comunidade “en Galicia queremos pescar máis e mellor por iso consideramos necesario máis diálogo, máis estudos co sector e máis fondos para eles, a Unión Europea non debe de centrarse en limitacións e prohibicións”. Villares engadiu na súa intervención que “queremos ter una Galicia máis verde e azul no presente e máis sostible no futuro. Galicia é mar, Galicia sabe a mar e queremos seguir sabendo a mar no futuro”.

Unha acción desenvolvida e incluída dentro do Plan de Produción e Comercialización (PPyC) anual deste 2023.

Barcos da OPP83 retiran 11 toneladas de lixo mariño desde o inicio da súa colaboración con Vertidos Cero

Os barcos da OPP83 recolleron 11.000 kilos de lixo mariño desde que comezou a súa colaboración con Vertidos Cero

Éxito da IV Ruta Co Lirio: máis de 2.500 tapas esgotadas en Ribeira e A Pobra

Arredor de 2.500 tapas de Lirio de Ribeira esgotadas durante a IV Ruta Co Lirio, que tivo lugar en Ribeira e A Pobra do Caramiñal

IV Ruta Co Lirio – Un mar de sabor en Ribeira y A Pobra

Consulta os establecementos participantes na IV RUTA CO LIRIO, que se celebra o 6 de decembro en Ribeira e A Pobra do Caramiñal

A OPP83 achega o Lirio de Ribeira aos escolares do CEIP Heroínas de Sálvora

Acción da OPP83 no CEIP Heroínas de Sálvora onde os alumnos aprenderon a cociñar Lirio de Ribeira

Sardiña ibérica con selo MSC

A obtención do selo MSC por parte da pesquería garante que a súa captura se fai de forma sustentable e respectuosa co medio mariño

Reportaxe de Industrias Pesqueras sobre o Lirio de Ribeira

A revista Industrias Pesqueras publica unha...

Lirio de Ribeira, sustentabilidade e OPP83 en Españoles en la Mar

Entrevista da xerente da OPP83, María José Casais, no programa de radio sobre a traxectoria da organización e o Lirio de Ribeira

IV Xornada de Pesca de Ribeira: O futuro sustentable da pesca, a debate

A IV Xornada de Pesca de Ribeira terá lugar o 19 de setembro en horario de mañá na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira. Inscríbete!

A OPP83 participa en GastroMar 2025 apoiando a promoción do peixe galego

A Cooperativa colabora nas actividades e entrega de balde aos organizadores de GastroMar 500kg de sardiña e Lirio de Ribeira

Share This