ÉXITO NA IMPLANTACIÓN DA MARCA LIRIO DE RIBEIRA DA OPP83

Abril 10, 2023

 

 

  • A Oficina Española de Patentes e Marcas concedeulle a Cooperativa Santa Eugenia de Ribeira- OPP83 a marca colectiva Lirio de
  • O etiquetado da Marca Lirio de Ribeira ten como obxectivo diferenciar no mercado o Lirio capturado ao día mediante artes de arrastre tradicional e selectivo, desenvolvendo prácticas de pesca sostible e sendo respectuoso co medio mariño.

Ribeira, 10 de abril. A Sociedade Cooperativa Galega del Mar Santa Eugenia obtivo o recoñecemento como Organización de Produtores Pesqueiros de ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, OPP- 83, en maio do 2019.

O Lirio da OPP83 conta cun etiquetado que especifica e indica a calidade dese produto en lonxa a través da marca Lirio de Ribeira.

Así, e deste xeito, a OPP está contribuír á trazabilidade dos produtos de pesca e o acceso a información clara e completa para os consumidores.

O lirio é a principal especial pescada pola flota asociada á OPP representando preto do 45% do volume da súa produción total, sen embargo, soamente significa o 35% do valor das vendas. E por isto que coa Marca Lirio de Ribeira, a OPP83, pretende diferenciar no mercado o lirio capturado ao día mediante artes de arrastre tradicional e selectivo.

A Marca distingue aos produtos que cumpran cos requisitos das especificacións técnicas e do regulamento de usos, garantindo ao consumidor un grao máximo de frescura e calidade.

O obxectivo da OPP83 con este etiquetado é poñer en valor o Lirio de Ribeira, a forma de pescar dos produtores da OPP, que tratan con moito mimo este produto e dalo a coñecer entre as persoas consumidoras que se sorprenderán pola súa versatilidade.

A Sociedade Cooperativa do Mar Santa Eugenia, Organización de Produtores Pesqueiros OPP83, é a titular da Marca e a responsable de xestionala e administrala.

O Lirio, amparado pola Marca, cumpre co establecido nas especificacións técnicas onde cabe destacar un dos aspectos principais que xunto coa súa calidade e a súa frescura ten categoría extra, xa que o tempo máximo que transcorre dende a captura o desembarque e a comercialización é de apenas unhas horas.

O etiquetado da Marca Lirio de Ribeira ampara ao lirio capturado na zona FAO27 polos membros da OPP83 adheridos á marca sempre que se cumpran os estándares de calidade establecidos na documentación técnica presentada. A OPP83 facilita aos socios da Organización autorizados para o uso da Marca etiquetas numeradas correlativamente que identifican as capturas do lirio que cumpran co regulamento de uso, o código de especificacións técnicas e os parámetros de calidade establecidos.

A OPP83 vela polo cumprimento do regulamento de usos e das especificacións técnicas para a utilización da Marca, propondo as modificacións que considere oportunas e en xeral ocuparase do desenvolvemento adecuado da Marca.

A OPP pode conveniar con outros puntos de venta para autorizar o uso de imaxe da marca a efectos de información ao consumidor.

Durante este ano 2023 a OPP continuará facendo actividades promocionais con esta especie, que, agora, co etiquetado, derivarán en novas accións comerciais coas que dar a coñecer a calidade deste saboroso e versátil produto a través do PPyC da Organización de Produtores Pesqueiros de Ribeira, OPP83.

Share This