CELEBRADAS As III XORNADAS PRESENCIAIS, CENTRADAS NA SEGURIDADE E PREVENCIÓN A BORDO

Decembro 13, 2021

 

 

As xornadas tiveron lugar na mañá deste luns 13 de decembro no Centro Cultural Lustres Rivas.
Francisco Alonso, conselleiro técnico de Seguridade e Medio Ambiente do Ministerio de Fomento en Galicia, Bernardo Rodríguez, Capitán da Mariña Mercante e os avogados especialistas en accidentes laborais e dereito marítimo, Beatriz Goicoechea e Alberto Penelas, foron os protagonistas das xornadas.
Moita participación e preguntas déronse cita durante esta mañá no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira, un espazo onde se celebraron as III xornadas presenciais da OPP 83, Sociedade Cooperativa Galega do Mar Santa Eugenia dirixidas e moderadas pola xerente desta entidade, María José Casades.

O tema central destas xornadas foi a Seguridade e Prevención a bordo. O alcalde, Manuel Ruíz Rivas, foi o encargado de inaugurar esta cita, e o primeiro relator en poñer en marcha as mesmas foi Bernardo Rodríguez. O Capitán da Mariña Mercante analizou en profundidade que causa a maior parte dos naufraxios dos barcos de cerqueiros e os de arrastre. Unha análise onde quedou claro que “a estabilidade dos barcos é un dos piares fundamentais para garantir a seguridade dos mesmos”. Rodríguez fixo unha exposición de forma dinámica e amena co fin de que todas e todos os que estaban na sala comprendesen que “a estabilidade é algo real e variable, e esta variación no que faga o patrón inflúe de maneira positiva e negativa”. Ademais, engadiu, “o manexo da tripulación tamén afecta e o caderno de estabilidade é unha guía que se debe seguir de maneira correcta”.

Pola súa banda, Francisco Alonso, Conselleiro Técnico de Seguridade e Medio Ambiente do Ministerio de Fomento en Galicia, centrou a súa exposición en como a distribución dos pesos modifica a estabilidade dos barcos. Alonso deixou claro que “a administración é consciente do que pasa, pero non pode poñer un policía a bordo de cada barco, co cal, o armador ou patrón, ten que ser responsable de todo o que se pon no barco co fin de garantir esa estabilidade”. Alonso dixo en numerosas ocasións na súa intervención, que cada barco debería ter en conta a capacidade e contidos técnicos que pode levar a bordo, “cada barco ten que ter mui claro os seus límites”, engadiu Alonso. Para ésto, dixo, “é mui importante o libro de estabilidade”. Como conclusión, deixou claro que se se cumpre a estabilidade dun barco, a súa seguridade está moito máis garantida.

Na quenda dos relatores máis especializados en dereito, a avogada Bea Goicoechea, especialista de Amya Avogados na valoración de danos corporais derivados de accidentes laborais, foi clara á hora de afirmar que “a maior parte dos accidentes laborais son por fallos humanos”. #Ante ésto, Goicoechea dixo que é clave a formación e información en prevención. A avogada viguesa ten claro que “nos barcos hai pouca cultura preventiva e ésto é algo que hai que cambiar”. Unha formación que se ten que dar no momento da contratación e que se debe renovar unha vez ao ano, “dar formación unha vez ao ano reduce a sinistralidade”.

O último relator en intervir foi o avogado Alberto Penelas, especialista en dereito marítimo en Amya Avogados, quen centrou a súa intervención nas pólizas dos barcos e quen deixou patente que “un buque en bo estado, a dotación adecuada e unha carga ben distribuída forman os tres parámetros que confirman a navegabilidade do buque”. Penelas enumerou os distintos seguros necesarios a día de hoxe e as claves para cumprir coas esixencias por lei.

Foi unha mañá de traballo e de información para os asociados e armadores da OPP 83, quen participou activamente nesta xornada de Prevención e Seguridade a bordo.

A próxima semana, o luns 20 de decembro, a Cooperativa Galega do Mar Santa Eugenia, celebrará as xornadas sobre Fiscalidade na pesca: bonificacións ao combustible. Unhas xornadas que terán lugar vía streaming e que contarán coa participación da portavoz socialista da Comisión de Pesca e Deputada no Parlamento Europeo, Clara Aguilera, e do profesor do Departamento de Economía Aplicada da USC e membro do Consello Director da Asociación Europea de Economistas Pesqueiros, Gonzalo Rodríguez.

Barcos da OPP83 retiran 11 toneladas de lixo mariño desde o inicio da súa colaboración con Vertidos Cero

Os barcos da OPP83 recolleron 11.000 kilos de lixo mariño desde que comezou a súa colaboración con Vertidos Cero

Éxito da IV Ruta Co Lirio: máis de 2.500 tapas esgotadas en Ribeira e A Pobra

Arredor de 2.500 tapas de Lirio de Ribeira esgotadas durante a IV Ruta Co Lirio, que tivo lugar en Ribeira e A Pobra do Caramiñal

IV Ruta Co Lirio – Un mar de sabor en Ribeira y A Pobra

Consulta os establecementos participantes na IV RUTA CO LIRIO, que se celebra o 6 de decembro en Ribeira e A Pobra do Caramiñal

A OPP83 achega o Lirio de Ribeira aos escolares do CEIP Heroínas de Sálvora

Acción da OPP83 no CEIP Heroínas de Sálvora onde os alumnos aprenderon a cociñar Lirio de Ribeira

Sardiña ibérica con selo MSC

A obtención do selo MSC por parte da pesquería garante que a súa captura se fai de forma sustentable e respectuosa co medio mariño

Reportaxe de Industrias Pesqueras sobre o Lirio de Ribeira

A revista Industrias Pesqueras publica unha...

Lirio de Ribeira, sustentabilidade e OPP83 en Españoles en la Mar

Entrevista da xerente da OPP83, María José Casais, no programa de radio sobre a traxectoria da organización e o Lirio de Ribeira

IV Xornada de Pesca de Ribeira: O futuro sustentable da pesca, a debate

A IV Xornada de Pesca de Ribeira terá lugar o 19 de setembro en horario de mañá na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira. Inscríbete!

A OPP83 participa en GastroMar 2025 apoiando a promoción do peixe galego

A Cooperativa colabora nas actividades e entrega de balde aos organizadores de GastroMar 500kg de sardiña e Lirio de Ribeira

Share This