O Lirio de Ribeira arrasa no XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

Xullo 29, 2025

 

 

  • Arredor de 1.000 racións de Lirio de Ribeira en tempura foron distribuídas de balde entre os asistentes á segunda xornada do XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, organizada por Culturmar en colaboración coa Cofradía da Dorna e do Concello de Ribeira, entre outras entidades.
O alcalde e o concelleiro de Mar de Ribeira xunto a xerente da OPP83 durante a degustación gratuita de Lirio de Ribeira

En torno a dúas horas duraron as arredor de 1.000 racións de Lirio de Ribeira servidas durante a segunda xornada do XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que se celebrou entre o 17 e 20 de xullo en Ribeira. A OPP83 ofreceu unha degustación gratuita de Lirio de Ribeira en tempura que gozou de gran aceptación por parte dos presentes, tal e como demostran as cúas que se rexistraron durante o evento.

A acción contou coa participación de integrantes da OPP83 como o seu presidente José Antonio Pérez, a súa xerente María José Casais e o membro do Consello Rector Pablo Pérez. Apoiando a iniciativa tamén estiveron o concelleiro de Mar de Ribeira, Fernando Abraldes, o alcalde de Ribeira, Luis Pérez, e a xefa de distrito da Capitanía Marítima de Ribeira, Leire Blanco.

Esta actividade promocional que fixo as delicias dos participantes no encontro foi posible grazas á cofinanciación da Xunta de Galicia e o FEMPA. Con este evento, integrado no PPeC 2025 da OPP83, preténdese incentivar o consumo de peixe entre a poboación e, ao mesmo tempo, promocionar a marca colectiva Lirio de Ribeira, rexistrada a finais de 2022 e que cumpre unha serie de parámetros de calidade e frescura que o convirten nun produto pesqueiro de nivel EXTRAordinario.

Barcos da OPP83 retiran 11 toneladas de lixo mariño desde o inicio da súa colaboración con Vertidos Cero

Os barcos da OPP83 recolleron 11.000 kilos de lixo mariño desde que comezou a súa colaboración con Vertidos Cero

Éxito da IV Ruta Co Lirio: máis de 2.500 tapas esgotadas en Ribeira e A Pobra

Arredor de 2.500 tapas de Lirio de Ribeira esgotadas durante a IV Ruta Co Lirio, que tivo lugar en Ribeira e A Pobra do Caramiñal

IV Ruta Co Lirio – Un mar de sabor en Ribeira y A Pobra

Consulta os establecementos participantes na IV RUTA CO LIRIO, que se celebra o 6 de decembro en Ribeira e A Pobra do Caramiñal

A OPP83 achega o Lirio de Ribeira aos escolares do CEIP Heroínas de Sálvora

Acción da OPP83 no CEIP Heroínas de Sálvora onde os alumnos aprenderon a cociñar Lirio de Ribeira

Sardiña ibérica con selo MSC

A obtención do selo MSC por parte da pesquería garante que a súa captura se fai de forma sustentable e respectuosa co medio mariño

Reportaxe de Industrias Pesqueras sobre o Lirio de Ribeira

A revista Industrias Pesqueras publica unha...

Lirio de Ribeira, sustentabilidade e OPP83 en Españoles en la Mar

Entrevista da xerente da OPP83, María José Casais, no programa de radio sobre a traxectoria da organización e o Lirio de Ribeira

IV Xornada de Pesca de Ribeira: O futuro sustentable da pesca, a debate

A IV Xornada de Pesca de Ribeira terá lugar o 19 de setembro en horario de mañá na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira. Inscríbete!

A OPP83 participa en GastroMar 2025 apoiando a promoción do peixe galego

A Cooperativa colabora nas actividades e entrega de balde aos organizadores de GastroMar 500kg de sardiña e Lirio de Ribeira

Share This