A OPP83 volve un ano máis a Salimat. A Sociedade Gallega del Mar Santa Eugenia de Ribeira realizará unha showcooking de sardiña, xurel e Lirio de Ribeira durante o Salón de Alimentación do Atlántico. Esta acción promocional terá lugar o 6 de xuño ás 12.00h no stand da Xunta de Galicia no marco da campaña «Galicia sabe amar».
A actividade promocional realizada pola OPP83 está financiada pola Xunta de Galicia e o FEMPA e está integrada no Plan de Produción e Comercialización (PPeC) de 2025.
