A Cooperativa insta á revisión da política pesqueira común y defende a soberanía alimentaria
- Arredor de 100 persoas participaron na III Xornada de Pesca de Ribeira, na que denunciaron a burocracia normativa y puxeron sobre a mesa solucións para a supervivencia do sector pesqueiro galego
- A OPP83 reclamou maior diálogo por parte das administracións para non asfixiar á pesca galega, defendeu a soberanía alimentaria e subliñou a sostenibilidade do sector pesqueiro
- O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, fixo fincapé na caída do consumo de produtos pesqueiros y pediu unión a tódalas administracións
O futuro da pesca galega de litoral, a caída de consumo de peixe, a normativa e as axudas europeas, e a interacción accidental con cetáceos foron o eixe central de III Xornada de Pesca de Ribeira, que tivo lugar a mañá do venres 20 de setembro na Escola Náutico-Pesqueira de Ribeira. O evento, organizado pola Sociedade Cooperativa Gallega del Mar Santa Eugenia de Ribeira-OPP83, contou cunha gran afluencia de público. Arredor de 100 persoas participaron nas xornadas marcadas polas protestas á asfixia normativa ao sector, a preocupación pola caída de consumo de peixe nos fogares españois, e a defensa imprescindible do papel da pesca na protección do medio mariño.
As xornadas foron inauguradas pola xerente da OPP83, María José Casais, a directora da Escola Náutico-Pesqueira de Ribeira, Gloria María Santalla, e o conselleiro de Mar, Alfonso Villares. Santalla e Casais defenderon a organización deste tipo de xornadas por supoñer un foro imprescindible no que compartir as circunstancias de cada un dos eslavóns que forman a cadea pesqueira. Pola súa parte, Villares lamentou co sector non está pasando polos seus “mellores momentos”, y reclamou unha estratexia conxunta para mellorar a situación e enfrontar as campañas negativas contra a pesca e o “etiquetado fraudulento” de produtos como os plant-based.
A caída do consumo de pescado, a interacción accidental con cetáceos, o novo regulamento de control e as oportunidades de financiación do FEMPA
A directora de FEDEPESCA, María Luisa Álvarez Blanco, e o investigador de Área de Economía Aplicada del IDEGA, Gonzalo Rodríguez Rodríguez, centraron as súas poñencias na comercialización. Álvarez denunciou a preocupante perda de peso alimentario do
peixe nos fogares españois y plantexou a necesaria eliminación do IVA dos produtos pesqueiros como unha ferramenta para reverter a situación. Rodríguez engadiu que, pese a existir unha baixada no consumo, é preciso non caer no pesimismo ou alarmas innecesarias e reivindicar o traballo e competitividade da pesca galega.
Os encargados de falar de normativa pesqueira foron a xefa de Área de Control Pesquero da Subdirección General de Vigilancia y Lucha contra la Pesca Ilegal de la Secretaría General de Pesca del MAPA, Cristina Laborda; o xefe de Área de la Subdirección de Biodiversidad Terrestre y Marina del Ministerio de Transición Ecológica y Reto Demográfico, Rafael Centenera; e o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica de la Conselleria de Mar, Antonio Basanta.
Durante a súa intervención, Laborda tratou de ofrecer claridade sobre a modificación do regulamento de control e a problemática de obrigación de desembarque, e remarcou o compromiso do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación por mellorar a comunicación co sector. Pola súa parte, Centenera instou á construción dun Plan Nacional para as capturas accidentais de cetáceos e alertou da posible sanción de Bruxelas que pode recibir España se non avanza na creación dun real decreto sobre esta problemática. Por último, Basanta fixo referencia ás posibilidades de financiación que ofrece o Fondo Europeo Marítimo para la Pesca y la Acuicultura (FEMPA) en, por exemplo, a reforma dos barcos.
A xornada foi clausurada pola xerente da OPP83, María José Casais, e o alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral. A representante da Cooperativa valorou como un “aspecto positivo” a revisión da política pesqueira e puxo o foco na busca de obxectivos “reais e alcanzables”. Na mesma liña, calificou de “imprescindible” a soberanía alimentaria e denunciou a importación de terceiros países que “non cumpren cos niveis de exixencia que si cumpre a nosa frota”. O primeiro ribeirense destacou que Ribeira “é mar” e a pesca é un “piar básico” para a localidade e animou a seguir realizando este tipo de foros para defender “as singularidades da pesca galega” e do Barbanza. Ao finalizar as xornadas realizouse unha degustación de produtos pesqueiros capturados pola flota asociada da OPP83, que gozou de gran aceptación por parte dos asistentes.
Esta acción forma parte do Plan de Producción e Comercialización de la OPP83 para o ano 2024. O PPeC está cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo para la Pesca y la Acuicultura (FEMPA) e a Xunta de Galicia. Con este tipo de iniciativas, preténdese levar a cabo un enriquecedor debate con amplos puntos de vista contando coa participación da comunidade científica, das administracións, doutras organizacións de produtores pesqueiros o doutros actores de pesca como a industria da comercialización.
