A Cooperativa Santa Uxía de Ribeira (OPP83) realizará o 20 de xullo unha degustación gratuíta de Lirio de Ribeira durante a xornada da II Bandeira Barbanza Arousa, regata de traíñas da Eusko Label Liga organizada pola ACT en colaboración coa Mancomunidade Barbanza Arousa.
A degustación estará feita polo Catering Baiuca entre las 14.00 y 16.00 horas nas inmediacións do porto de Aguiño, onde terán lugar as regatas. Os cociñeiros elaborarán a receita Lirio en tempura, que figura no receitario da OPP83.
Consulta aquí o libro de receitas da Cooperativa Santa Uxía de Ribeira
