ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NO CURSO DE FORMACIÓN EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS PARA A PESCA DO CERCO E DO ARRASTRE QUE ORGANIZARON DENDE OPP83

Decembro 20, 2023

 

 

 

  • Unha cita organizada pola Cooperativa Santa Eugenia de Ribeira- OPP83 e na que participaron preto de medio centenar de profesionais do cerco e do arrastre.
  • A OPP83 aposta por formar aos seus produtores e mariñeiros para evitar accidentes e mellorar a seguridade a bordo.
  • O benestar das tripulacións e a súa preparación ante os riscos que supón o traballo no mar son unha prioridade para a organización de produtores.
  • A Asociación Mar Seguro foi a encargada de impartir este curso centrado na prevención de riscos laborais.

 

20 de decembro, Ribeira. A Cooperativa Santa Eugenia de Ribeira – OPP 83 organizou, durante a mañá de hoxe, unha xornada de formación en prevención de riscos laborais para os armadores, mariñeiros e todo o persoal relacionado coa pesca do cerco e do arrastre que forma parte da OPP83.

Unhas xornadas impartidas pola Asociación Mar Seguros e que estiveron centradas na obrigación da formación en prevención de riscos laborais, no enfoque das inspeccións do 2023, nas novidades preventivas que se achegan, na sinistralidade no sector pesqueiro, nas EPIS que máis se axustan en función do tipo de traballo e no instrumento de adhesión ao convenio OIT sobre o traballo no sector pesqueiro.

Dentro dos riscos laborais están as causas de accidente de traballo que en moitos casos débese a condicións inseguras: embarcación en mal estado, mala sinalización… ou actos inseguros, non uso de EPIs, desobedecer instrucións de seguridade… Dende Mar Seguro deixaron patente nesta xornada que actuando sobre estas causas os accidentes pódense evitar e así, deste xeito, evitar tamén, a consecuencias: perdas económicas e sociais; danos a saúde dos traballadores; danos a equipos e materiais; danos ao medio ambiente; mortes…

Os principios da acción preventiva son: evitar os riscos; avaliar os riscos que non se podan evitar; combater os riscos na súa orixe; adaptar o traballo á persoa; ter en conta a evolución técnica; substituír o perigoso polo que entrañe pouco ou ningún perigo; planificar a prevención; adoptar medidas que antepoñan a protección colectiva á individual e dar as debidas instrucións aos traballadores.

Na formación centráronse moito no importante que é o bo uso dos EPIs que pode salvar moitas vidas e como dato deixaron patente que a sinistralidade no sector da pesca prodúcese nun 38% na pesca de arrastre, un 33% en artes menores, 19% en cerco e un 10 % en palangre.

Con todo tamén se deixou patente que os traballadores teñen a obriga de: usar adecuadamente as máquinas, aparatos, ferramentas, sustancias perigosas, equipos de transporte, etc. ; utilizar correctamente os medios e equipos de protección facilitados polo empresario; non poñer fora de

funcionamento e utilizar correctamente os dispositivos de seguridade das máquinas, aparatos, ferramentas, instalacións…; informar de inmediato ós seus superiores e ós traballadores designados nas actividades preventivas, ou ó servizo de prevención, acerca de calquera situación que, ó seu xuízo, entrañe un risco para a seguridade e a saúde dos traballadores; contribuír ó cumprimento das obrigacións establecidas pola autoridade competente co fin de protexer a seguridade e a saúde dos traballadores; cooperar co empresario para que este poda garantir unhas condicións de traballo seguras.

Esta acción, incluída dentro do Plan de Produción e Comercialización (PPyC) anual deste 2023, ten como obxectivo dar a coñecer as ferramentas e procedementos que os profesionais da pesca do cerco da OPP 83 teñen que ter en materia de prevención de riscos laborais.

 

 

Barcos da OPP83 retiran 11 toneladas de lixo mariño desde o inicio da súa colaboración con Vertidos Cero

Os barcos da OPP83 recolleron 11.000 kilos de lixo mariño desde que comezou a súa colaboración con Vertidos Cero

Éxito da IV Ruta Co Lirio: máis de 2.500 tapas esgotadas en Ribeira e A Pobra

Arredor de 2.500 tapas de Lirio de Ribeira esgotadas durante a IV Ruta Co Lirio, que tivo lugar en Ribeira e A Pobra do Caramiñal

IV Ruta Co Lirio – Un mar de sabor en Ribeira y A Pobra

Consulta os establecementos participantes na IV RUTA CO LIRIO, que se celebra o 6 de decembro en Ribeira e A Pobra do Caramiñal

A OPP83 achega o Lirio de Ribeira aos escolares do CEIP Heroínas de Sálvora

Acción da OPP83 no CEIP Heroínas de Sálvora onde os alumnos aprenderon a cociñar Lirio de Ribeira

Sardiña ibérica con selo MSC

A obtención do selo MSC por parte da pesquería garante que a súa captura se fai de forma sustentable e respectuosa co medio mariño

Reportaxe de Industrias Pesqueras sobre o Lirio de Ribeira

A revista Industrias Pesqueras publica unha...

Lirio de Ribeira, sustentabilidade e OPP83 en Españoles en la Mar

Entrevista da xerente da OPP83, María José Casais, no programa de radio sobre a traxectoria da organización e o Lirio de Ribeira

IV Xornada de Pesca de Ribeira: O futuro sustentable da pesca, a debate

A IV Xornada de Pesca de Ribeira terá lugar o 19 de setembro en horario de mañá na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira. Inscríbete!

A OPP83 participa en GastroMar 2025 apoiando a promoción do peixe galego

A Cooperativa colabora nas actividades e entrega de balde aos organizadores de GastroMar 500kg de sardiña e Lirio de Ribeira

Share This