A INTERACCIÓN DOS CETÁCEOS COA FROTA DE ARRASTRE É PRACTICAMENTE NULA

Novembro 22, 2022

 

 

A Sociedade Cooperativa Santa Uxía de Ribeira -OPP83 organizou o xoves 18 unha xornada informativa para os seus asociados con técnicos do IEO de Vigo para tratar a colaboración no proxecto Cetambicion.

Julio Valeiras e Eva Velasco, técnicos do Oceanográfico de Vigo, reuníronse cos asociados de arrastre do litoral da OPP83 para informar das diferentes accións a levar a cabo dentro deste proxecto no que participan o sector e científicos de Portugal, Francia e España.

A frota de arrastre do litoral leva estes dous últimos anos colaborando co fin de reforzar o coñecemento da poboación de golfiños e as súas interaccións coa pesca. A instalación de pingers, así como o embarque de observadores, foron as actuacións levadas a cabo ata o de agora e nas que se puideron ver a practicamente nula interacción dos cetáceos con esta arte.

A Organización vai colaborar no proxecto CetAMBICion, enmarcado na convocatoria MSFD 2020 (Directiva Marco da Estratexia Mariña) da Comisión Europea, que durante dous anos está centrada no coñecemento científico e a súa análise e a eficacia das medidas de mitigación no Golfo de Biscaia e a costa que axuden a conseguir o bo estado ambiental.

A OPP esta interesada en promover este tipo de iniciativas que axuden a implantar condutas de protección do medio ambiente entre a frota asociada, tanto no que se refire a unha mellor xestión dos recursos pesqueiros como no coidado do medio mariño.

O proxecto Cetambicion desenvólvese en aras de profundar no coñecemento científico da poboación de golfiños, así como en analizar a eficacia das medidas de mitigación das interaccións coa actividade pesqueira.

Este proxecto involucra a 14 socios das administracións públicas de España, Francia e Portugal, en colaboración co sector pesqueiro e ONG. Para o que, a pedimento do IEO, a Organización achegará toda a información que se demande e prestará a colaboración dos buques asociados.

Barcos da OPP83 retiran 11 toneladas de lixo mariño desde o inicio da súa colaboración con Vertidos Cero

Os barcos da OPP83 recolleron 11.000 kilos de lixo mariño desde que comezou a súa colaboración con Vertidos Cero

Éxito da IV Ruta Co Lirio: máis de 2.500 tapas esgotadas en Ribeira e A Pobra

Arredor de 2.500 tapas de Lirio de Ribeira esgotadas durante a IV Ruta Co Lirio, que tivo lugar en Ribeira e A Pobra do Caramiñal

IV Ruta Co Lirio – Un mar de sabor en Ribeira y A Pobra

Consulta os establecementos participantes na IV RUTA CO LIRIO, que se celebra o 6 de decembro en Ribeira e A Pobra do Caramiñal

A OPP83 achega o Lirio de Ribeira aos escolares do CEIP Heroínas de Sálvora

Acción da OPP83 no CEIP Heroínas de Sálvora onde os alumnos aprenderon a cociñar Lirio de Ribeira

Sardiña ibérica con selo MSC

A obtención do selo MSC por parte da pesquería garante que a súa captura se fai de forma sustentable e respectuosa co medio mariño

Reportaxe de Industrias Pesqueras sobre o Lirio de Ribeira

A revista Industrias Pesqueras publica unha...

Lirio de Ribeira, sustentabilidade e OPP83 en Españoles en la Mar

Entrevista da xerente da OPP83, María José Casais, no programa de radio sobre a traxectoria da organización e o Lirio de Ribeira

IV Xornada de Pesca de Ribeira: O futuro sustentable da pesca, a debate

A IV Xornada de Pesca de Ribeira terá lugar o 19 de setembro en horario de mañá na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira. Inscríbete!

A OPP83 participa en GastroMar 2025 apoiando a promoción do peixe galego

A Cooperativa colabora nas actividades e entrega de balde aos organizadores de GastroMar 500kg de sardiña e Lirio de Ribeira

Share This