A obrigación de desembarque require a colaboración do sector e a administración

Setembro 18, 2019

 

 

Case un ano despois da entrada en vigor da obrigación de desembarque, o pasado 1 de xaneiro, a aplicación da normativa continúa como un motivo de preocupación para o sector. A Cooperativa do Mar Santa Eugenia organizou onte unha xornada na que representantes do sector, as administracións pesqueiras e os científicos coincidiron na necesidade de colaborar para conseguir que o cumprimento desta norma non afecte á rendibilidade da actividade pesqueira.

«Aínda que o obxectivo é moi loable, a lexislación non se adapta ao sector e pode constituír unha ameaza para o seu futuro», advertiu Mercedes Rodríguez, directora xeral de Pesca da Xunta. Na súa opinión non é fácil cumprir a obrigación de desembarque «pola ineficacia do actual sistema de TACs da Unión Europea que se basea en desembarques e non en capturas. En gran sol a captura dun quilo de bacallau cando non se ten cota, pode supoñer o peche definitivo da pesqueira».

A representante da administración galega lembrou que «en Galicia en pesca fresca temos 270 especies comercializadas; iso quere dicir que a un pescador galego repélelle, unha vez capturado o peixe, ter que tiralo ao mar». «É un orgullo atopar saída comercial a todo o que capturamos», subliñou. «Pero iso non quere dicir que non necesitemos máis cotas ou sacar do sistema de TACs e cotas algunhas especies. Debemos traballar xuntos para afrontar esta obrigación de desembarco», engadiu.

Rafael Centenera, subdirector xeral de Caladoiro Nacional e de Augas comunitarias do MAPA, destacou que a administración española ha conseguido flexibilidades na aplicación da normativa, e que traballa para avanzar nesta liña. Centenera insistiu na necesidade de que o sector e a administración vaian da man para lograr mellores resultados en Bruxelas.

O científico galego e investigador do Instituto Español Oceanográfico (IEO) Julio Valeiras sinalou que «a colaboración do sector é fundamental para elaborar os informes técnicos que xustifiquen as exencións á obrigación de desembarque». Na súa charla titulada Redución de descartes pesqueiros: A obrigación de desembarque e o asesoramento científico de IEO, Valeiras explicou aos armadores presentes na xornada os estudos realizados en coordinación coa secretaría xeral de Pesca sobre mellora da selectividade das artes e a alta supervivencia de determinadas especies, unha vez capturadas, que unha vez validados por Bruxelas resultan en melloras para o sector.

Barcos da OPP83 retiran 11 toneladas de lixo mariño desde o inicio da súa colaboración con Vertidos Cero

Os barcos da OPP83 recolleron 11.000 kilos de lixo mariño desde que comezou a súa colaboración con Vertidos Cero

Éxito da IV Ruta Co Lirio: máis de 2.500 tapas esgotadas en Ribeira e A Pobra

Arredor de 2.500 tapas de Lirio de Ribeira esgotadas durante a IV Ruta Co Lirio, que tivo lugar en Ribeira e A Pobra do Caramiñal

IV Ruta Co Lirio – Un mar de sabor en Ribeira y A Pobra

Consulta os establecementos participantes na IV RUTA CO LIRIO, que se celebra o 6 de decembro en Ribeira e A Pobra do Caramiñal

A OPP83 achega o Lirio de Ribeira aos escolares do CEIP Heroínas de Sálvora

Acción da OPP83 no CEIP Heroínas de Sálvora onde os alumnos aprenderon a cociñar Lirio de Ribeira

Sardiña ibérica con selo MSC

A obtención do selo MSC por parte da pesquería garante que a súa captura se fai de forma sustentable e respectuosa co medio mariño

Reportaxe de Industrias Pesqueras sobre o Lirio de Ribeira

A revista Industrias Pesqueras publica unha...

Lirio de Ribeira, sustentabilidade e OPP83 en Españoles en la Mar

Entrevista da xerente da OPP83, María José Casais, no programa de radio sobre a traxectoria da organización e o Lirio de Ribeira

IV Xornada de Pesca de Ribeira: O futuro sustentable da pesca, a debate

A IV Xornada de Pesca de Ribeira terá lugar o 19 de setembro en horario de mañá na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira. Inscríbete!

A OPP83 participa en GastroMar 2025 apoiando a promoción do peixe galego

A Cooperativa colabora nas actividades e entrega de balde aos organizadores de GastroMar 500kg de sardiña e Lirio de Ribeira

Share This