A OPP83 participa en GastroMar 2025 apoiando a promoción do peixe galego

Agosto 26, 2025

 

 

A Organización Pesqueira colabora coa entrega gratuita de 500 kg de sardiña e Lirio de Ribeira

A OPP83 – Sociedade Cooperativa Galega do Mar Santa Uxía participa un ano máis en GastroMar 2025, a feira gastronómica organizada pola Asociación de Empresarios de Ribeira, reforzando o seu compromiso coa promoción do peixe local, a sustentabilidade e o apoio á frota pesqueira de Ribeira.

Nesta edición, a OPP83 colabora co evento mediante a doazón de 500 quilos de peixe fresco, procedente dos seus barcos asociados: 250 kg de Lirio de Ribeira e 250 kg de sardiña, destinados ás elaboracións gastronómicas ofrecidas na feira.

A entidade estivo presente no acto de presentación e inauguración do evento coa participación de membros do seu Consello Reitor, así como do seu presidente e da súa xerente. Neste acto tamén estiveron presentes a conselleira do Mar e o alcalde de Ribeira, que puxeron en valor a calidade do peixe da OPP83 e a importancia de iniciativas como GastroMar para a promoción do sector.

Ademais, a OPP83 colabora nos showcookings e actividades gastronómicas programadas, nos que se elaboran distintas receitas con peixe da Cooperativa, achegando ao público produtos frescos, saudables e capturados de forma sostible en augas galegas.

A participación en GastroMar forma parte das accións promocionais desenvolvidas pola OPP83 no marco do seu Plan de Produción e Comercialización, cofinanciado pola Xunta de Galicia e polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura.

Barcos da OPP83 retiran 11 toneladas de lixo mariño desde o inicio da súa colaboración con Vertidos Cero

Os barcos da OPP83 recolleron 11.000 kilos de lixo mariño desde que comezou a súa colaboración con Vertidos Cero

Éxito da IV Ruta Co Lirio: máis de 2.500 tapas esgotadas en Ribeira e A Pobra

Arredor de 2.500 tapas de Lirio de Ribeira esgotadas durante a IV Ruta Co Lirio, que tivo lugar en Ribeira e A Pobra do Caramiñal

IV Ruta Co Lirio – Un mar de sabor en Ribeira y A Pobra

Consulta os establecementos participantes na IV RUTA CO LIRIO, que se celebra o 6 de decembro en Ribeira e A Pobra do Caramiñal

A OPP83 achega o Lirio de Ribeira aos escolares do CEIP Heroínas de Sálvora

Acción da OPP83 no CEIP Heroínas de Sálvora onde os alumnos aprenderon a cociñar Lirio de Ribeira

Sardiña ibérica con selo MSC

A obtención do selo MSC por parte da pesquería garante que a súa captura se fai de forma sustentable e respectuosa co medio mariño

Reportaxe de Industrias Pesqueras sobre o Lirio de Ribeira

A revista Industrias Pesqueras publica unha...

Lirio de Ribeira, sustentabilidade e OPP83 en Españoles en la Mar

Entrevista da xerente da OPP83, María José Casais, no programa de radio sobre a traxectoria da organización e o Lirio de Ribeira

IV Xornada de Pesca de Ribeira: O futuro sustentable da pesca, a debate

A IV Xornada de Pesca de Ribeira terá lugar o 19 de setembro en horario de mañá na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira. Inscríbete!

Receita de Lirio de Ribeira asado encurtido de verduritas

Elaborada pola chef Criselda Iglesias O Lirio de...
Share This