A revista Industrias Pesqueras publica unha reportaxe sobre a OPP83 na que destaca o papel clave da pesca en Ribeira, un dos principais portos de baixura de España, así como o peso da lonxa de Ribeira e da OPP83 dentro do sector pesqueiro galego. O artículo pon en valor o arraigo marítimo da localidade e a importancia económica da frota.
A reportaxe pon o foco no lirio ou bacaladilla (Micromesistius poutassou) como unha das especies máis representativas da actividade pesqueira de Ribeira e destaca a estratexia da OPP83 para revalorizar este recurso a través da creación e consolidación da marca de calidade Lirio de Ribeira. Esta aposta pola revalorización basease no traballo continuado en rastrexabilidade, identificación do produto e información ao consumidor, que permite diferenciar o Lirio de Ribeira no mercado. Na práctica, tradúcese en sistemas que garanten co peixe poida seguirse desde o momento da captura hasta a súa comercialización, ofrecendo datos claros sobre a especie, orixe, zona de pesca, método de captura e presentación.
Industrias Pesqueras subraya que esta estratexia permite garantir a transparencia na cadea de comercialización, ao tempo que contribúe a rendabilidade da frota con menos volume de capturas e a consolidar un modelo pesqueiro sustentable e orientado ao futuro.
Compartimos a ligazón á reportaxe “Ribeira, capital del lirio”.
Esta acción informativa está incluida no PPyC2025 da OPP83, cofinanciado pola Xunta de Galicia e o FEMPA.
