A V Xornada de Pesca de Ribeira, organizada pola OPP83 Sociedade Cooperativa Gallega del Mar Santa Eugenia, se celebrará o vindeiro 11 de setembro no salón de actos da Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira. O simposio, que se celebra por quinto ano consecutivo, reunirá a representantes das administracións e expertos do sector para abordar algúns dos principais retos de futuro da actividade pesqueira. O encontro porá o foco no escenario posFEMPA, na modernización da frota e na xestión das capacidades dispoñibles para buques pesqueiros.
A inscrición xa está aberta e pode formalizarse a través do seguinte formulario:
A V Xornada de Pesca de Ribeira está integrada no Plan de Produción e Comercialización 2026 da OPP83. A iniciativa conta coa financiación da Xunta de Galicia e o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (FEMPA).

