Plans de Produción e Comercialización
Os Plans de Produción e Comercialización (PPeC) son un instrumento da Organización Común de Mercados (OCM) no sector dos produtos da pesca que naceron co obxectivo de reforzar o papel das Organizacións de Produtores Pesqueiros (OOPP), de forma que contribuísen directamente a alcanzar os obxectivos da Política Pesqueira Común (PPC) e da OCM.
A Cooperativa Galega do Mar Sta. Uxía, Organización de Produtores Pesqueiros OPP83, obtivo o recoñecemento de OPP no ano 2019, no seo do Fondo Europeo Marítimo da Pesca (FEMP), accedendo ás correspondentes axudas de creación.
A continuación, e de forma anual exceptuando o primeiro PPeC (2019-2020), fóronse establecendo os eixos estratéxicos da OPP con relación aos obxectivos establecidos pola OCM, desenvolvendo medidas específicas para dar cumprimento aos mesmos primeiro no seo do FEMP, e a partir de 2023 a través do Fondo Europeo Marítimo da Pesca e a Acuicultura (FEMPA).
PPEC 2024
PPEC 2025
PPEC 2022
PPEC 2023
PPEC 2019-2020
PPEC 2021