
Quen somos


A nosa Historia
OPP83 DESDE 1977
A Sociedade Cooperativa Galega do Mar Sta. Uxía constituíuse o 18 de febreiro de 1977 en Ribeira (A Coruña) co obxectivo de dar resposta ás necesidades da frota situada no porto da devandita localidade e realizar labores de representación e defensa dos intereses nos diferentes foros de interese pesqueiro e ante as diferentes administracións.
Con data 23 de abril de 2019, obtivo o recoñecemento como Organización de Produtores Pesqueiros de ámbito autonómico e segmento de litoral, pasando a denominarse Sociedade Cooperativa Galega do Mar Sta. Eugenia, Organización de Produtores Pesqueiros OPP83, o que permitiu á entidade acometer iniciativas innovadoras para as nosas empresas asociadas. O fin da organización é a mellora da actividade profesional das explotacións pesqueiras asociadas en todos os seus ámbitos, conseguindo a sustentabilidade ambiental, social e económica da actividade das nosas frotas.

ORGANIGRAMA
ASEMBLEA XERAL
CONSELLO REITOR
PRESIDENTE
XERENCIA
SERVIZOS FLOTA
Descargas Fresco
Notas de vendas
Control de Rastrexabilidade
GESTION FROTA
Intercambios de Cotas
Información Lexislativa Pesqueira
Xestión de Seguridade social
Control Consumo de Cotas
Xestión Licencias
OUTRAS XESTIÓNS
P & I
Asesoramento Legal
Asesoramento Fiscal, Mercantil e Laboral
FROTA
A frota da Cooperativa Sta Eugenia está formada na actualidade por un total de 16 barcos, dos cales 10 son da modalidade de arrastre e 6 da modalidade de cerco, ambas as de caladoiro Cantábrico-Noroeste.
FROTA
A frota da Cooperativa Sta Eugenia está formada na actualidade por un total de 16 barcos, dos cales 10 son da modalidade de arrastre e 6 da modalidade de cerco, ambas as de caladoiro Cantábrico-Noroeste.