
Colaboracións

A organización participa cada ano en diversos proxectos de índole social, ambiental, científica etc., para contribuír ao mellor coñecemento do medio mariño, á protección dos recursos, e a divulgar a actividade pesqueira e a profesión de pescador.

Colaboración entre a Cooperativa e a Escola Náutico-Pesqueira de Ribeira.
Trátase de fomentar as vocacións para traballar na pesca e facilitar as prácticas en buques pesqueiros dos asociados ao alumnado da Escola. É unha cooperación que beneficia por igual a pescadores e alumnado.

Cooperación co IEO
O Instituto Español de Oceanografía, centro de investigación pública, traballa directamente coa Cooperativa na obtención de datos para os estudos científicos que melloran a información dispoñible sobre a situación dos stocks pesqueiros e a interacción da pesca co coidado do medio mariño.

Colaboración coa asociación vertidos cero
A Cooperativa e esta entidade asinaron un acordo de colaboración para retirar lixo do mar (maioritariamente plásticos), para o que VERTIDOS CERO facilita contedores e formación aos buques que voluntariamente se prestan. O recollido polos pescadores é depositado en porto para o seu correcto tratamento e para identificar a composición do lixo mariño atopado. É un labor de concienciación ambiental importantísima para pescadores e poboación en xeral.