Servizos

Representación ante as administracións e demais operadores. A Cooperativa participa en todos os foros nos que se toman decisións que afectan á frota asociada, tanto de ámbito público como privado.

Reunións coa Secretaría Xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a Consellería do Mar da Xunta de Galicia, o Consello Consultivo para as augas occidentais ( CCSUR), organismos científicos, outras organizacións de produtores, etc. Este servizo presenta unha dobre vertente: traslado ás diferentes administracións e operadores da realidade e inquietudes do sector e información aos produtores asociados das normas que se ditan e acordos sectoriais que lles son de aplicación.

 Planificación da actividade. A Cooperativa, como organización de produtores, planifica as actividades de produción dos seus asociados acorde cos obxectivos de fomentar a pesca sostible e protección de recursos, así como mellorar a rendibilidade económica da frota. Cada ano xestiona os intercambios de cotas con outras organizacións do sector e as administracións e presenta #ante a administración o Plan de Produción e Comercialización.

Asesoramento aos asociados. Desde a entidade realízase un constante labor de asesoramento en normativa de aplicación aos socios: pesqueira, laboral e económica. A normativa pesqueira trasládase de modo inmediato aos socios. A organización colabora con profesionais expertos que cobren o asesoramento global dos asociados.