Quen somos

A Sociedade Cooperativa Galega do Mar Sta. Eugenia constituíuse o 18 de febreiro de 1977 en Riveira (A Coruña).

Con data 27 de xuño do ano 2003 a Cooperativa adaptou os seus estatutos ao esixido pola disposición transitoria 2ª da Lei 5/1998 do 18 de decembro de Cooperativas de Galicia.

Con data 23 de abril de 2019, obtén o recoñecemento como organización de produtores pesqueiros de ámbito autonómico e segmento de litoral, pasando a denominarse Sociedade Cooperativa Galega do Mar Sta. Eugenia, Organización de Produtores Pesqueiros OPP83.

O fin da organización é a mellora da actividade profesional das explotacións pesqueiras asociadas en todos os seus ámbitos.